Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | músico |
Membro de | |
Instrumento | Batería |
Dave Foster é un músico estadounidense coñecido por ser o terceiro batería da banda de grunge Nirvana. Foi despedido despois de realizar só un feixe de concertos co grupo, principalmente por non asistir regularmente aos ensaios. Foster vivía lonxe de Kurt Cobain e Krist Novoselic, e este feito segundo Cobain complicaba os ensaios.
Segundo escribiu Charles R. Cross na biografía de Cobain Heavier Than Heaven, o que finalmente cansou a Kurt foi o seu arresto por agredir ao fillo do alcalde de Cosmopolis, Washington, o que fixo que o metesen na cadea durante dúas semanas, lle quitasen o seu permiso de conducir e tivese que pagar milleiros de dólares en gastos médicos.
Nin Cobain nin Novoselic informaron a Foster directamente do seu despedimento. Segundo Cross, Foster decatouse de que estaba fóra da banda cando viu o anuncio dun concerto de Butthole Surfers con Nirvana como abreconcertos do que non o avisaran. Ironicamente, unha longa nota do seu despedimento apareceu publicada nalgún xornal de Seattle.
Despois de deixar Nirvana, Dave tocou coas bandas Suckerpunch, Psycho Samaritan e Helltrout. Tamén pode ser escoitado como batería convidado no álbum de Mico de Noche Cherries.